Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.979

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de outubro de 2000 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 31 de xaneiro de 2000 (DOG nº 28, do 10 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

A teor do disposto na disposición adicional desta orde, na que se establecía que a achega compensatoria realizada polos beneficiarios segundo o disposto no artigo 6.2º a) podería xerar créditos no estado de gastos do orzamento desta consellería, que poderían ser utilizados na adquisición e adxudicación de máis vehículos,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.02.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós concellos de Ortigueira e O Barco de Valdeorras, unha vez verificados os requisitos establecidos pola Orde do 31 de xaneiro de 2000 (DOG nº 28, do 10 de febreiro) ó abeiro da cal presentaron a súa correspondente solicitude.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais