De conformidade co disposto no artigo 8, letra j do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación cos artigos 6 e 25 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o Pleno do Consello de Contas, en sesión que tivo lugar o día 15 de setembro de 2000 acordou modifica-la relación de postos de traballo do consello nos seguintes termos:
Modifica-la relación de postos de traballo da institución eliminando, para as dúas prazas de persoal eventual que coa denominación de asesor foran creadas en virtude de acordo plenario con data do 23 de decembro de 1994, o requisito de formación específica de ser membro do ROAC, quedando, en consecuencia, a definición de ámbolos dous postos segundo segue:
-Denominación: asesor.
-Titulación: licenciado universitario.
-Retribucións: equivalentes ás dun funcionario do grupo A, nivel 30.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos xurídicos pertinentes.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.
Luciano Fariña Busto
Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia

