Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. catro circuítos-Cr Galeras.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea en cuádruple circuíto a 20 kV, de 1.210 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV que parte do centro de reflexión de Galeras e final na L.M.T. aérea San Caetano-Santiago II, nas inmediacións do colexio de xordos. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 6 de setembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

