Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario das modalidades de bacharelato, regulado pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o artigo 7 da Orde do 28 de agosto de 2000, pola que se convocan os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 1999-2000, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario das modalidades do bacharelato, regulado pola LOXSE, que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 1999-2000 na Comunidade Autónoma de Galicia é catro (4).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Presidente: Emilio Pérez Sánchez, inspector de Educación.

Vocais:

José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

Agustín Hermida López, inspector de Educación.

Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.

Constantino Prol Cid, inspector de Educación.

Jesús Álvarez Marcote, inspector de Educación.

Faustino Salgado López, inspector de Educación.

Pilar Miravalles González, inspectora de Educación.

Rodrigo Porral Mato, inspector de Educación.

Hilda Fraga López, profesora de ensino secundario.

María Ángeles Franqueira López, profesora de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Concepción Otero Vázquez, inspectora de Educación.

Vocais:

Fermín Álvarez Lata, inspector de Educación.

José María Arias Quintairos, inspector de Educación.

Juan López Pérez, inspector de Educación.

Manuel Reboredo Lavín, inspector de Educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de Educación.

Felipe Fernández Martínez, profesor de ensino secundario.

Ramón Regueira Varela, profesor de ensino secundario.