1. Nome, enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación.
Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Dirección Xeral de Urbanismo.
Edificios administrativos da Xunta de Galicia.
San Caetano, s/n.
15704 Santiago de Compostela. A Coruña (España).
Teléfonos: 981 54 43 70 e 981 54 43 82.
Faxes: 981 54 53 35 e 981 54 43 43.
2.a) Modalidade de adxudicación elixida:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
b) Contido do contrato obxecto da licitación.
Execución das obras de construcción dun auditorio-pazo de congresos en Ourense (España).
c) Orzamento total: mil cento trinta e cinco millóns cincocentas oitenta e seis mil sesenta pesetas (1.135.586.060) (equivalentes a 6.825.009,68 euros) IVE incluído.
3. Lugar de execución.
Comunidade Autónoma de Galicia. Ourense (España).
4. Prazo de execución eventualmente imposto.
Vinte (20) meses.
5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e documentos complementarios.
Copynino.
Rúa/ Xeneral Pardiñas, nº 2.
15701 Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 981 58 89 38.
O custo para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a cincuenta mil catrocentas cinco (50.405) pesetas (302,94 euros).
6. a) Data límite de recepción das ofertas:
Ata o día 27 de novembro de 2000.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas:
Rexistro Xeral. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Dirección Xeral de Urbanismo.
Edificios administrativos San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Lingua ou linguas na que deben redactarse as ofertas:
Galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas.
Acto público.
b) Lugar, data e hora desta apertura.
Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 4 de decembro de 2000 ás 10 horas.
8. Garantías esixidas.
Fianza provisional: vintedous millóns setecentas once mil setecentas vinteúnha (22.711.721) pesetas (136.500,19 euros). (Dispensada a quen acredite a clasificación requirida por orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11-4-1996).
Fianza definitiva: corenta e cinco millóns catrocentas vintetrés mil catrocentas corenta e dúas (45.423.442) pesetas (273.000,38 euros).
9. Modalidades de pago.
Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato.
Escritura pública.
11. Condicións mínimas de carácter económico ás que deberá axustarse o contratista.
a) Clasificación: grupo C, tódolos subgrupos; categoría f.
12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.
Tres (3) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia.
Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Información complementaria.
Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.
Así mesmo, tamén poden obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=
16. Data de envío do anuncio ó DOCE.
6 de outubro de 2000
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

