Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 11 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación da obra de rehabilitación do Pazo de Tor en Monforte de Lemos (Lugo), primeira fase.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, do seguinte contrato de obras:

-Rehabilitación do Pazo de Tor en Monforte de Lemos (Lugo), primeira fase.

-Orzamento de licitación: trinta e sete millóns sesenta e catro mil noventa pesetas (37.064.090 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

P. D. ( Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo