Fáiselles saber ás persoas que se relacionan a continuación:
1. Clarisa Fernández Pier, con último domicilio coñecido na rúa Ría de Arousa, 15-3º dta., Arteixo (A Coruña).
2. Manuela Martínez López, con último domicilio coñecido na Travesía de Arteixo, 290-2º esquda., Arteixo (A Coruña).
3. Narciso Cabezas Viña, con último domicilio coñecido na rúa José Luis Burgallal Marchesi, 9-2º B, A Coruña.
Que a Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria do día 18 de abril de 2000, aprobou inicialmente o expediente de estudio de detalle para ordenar volumes e reaxustar aliñacións e rasantes da unidade de actuación 7 das NSPU de Arteixo, sita no lugar das Viñas, tramitado por instancia de Ana Pardo López e outros, como interesados no citado expediente (expediente 5/2000).
Do mesmo xeito notifícaselle-la apertura do período de información pública ó que que sometido o citado expediente, o cal será dun mes contado desde a publicación deste anuncio, durante o cal poderán presenta-las alegacións que consideren pertinentes.
O expediente poderá ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
O que se notifica mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previdos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e no BOP, para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, de reforma da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Arteixo, 11 de agosto de 2000.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde

