Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do vial situado na travesía rúa Bouzas; tramitado por instancia de Manuel Outón Limeres, E/R de Silganar, S.L.

Faise público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, significando que, contra o citado acto, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Grove, 3 de outubro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde