Por Decreto da alcaldía do 29 de setembro de 2000 aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de recuperación da feira tradicional da Peroxa, rede de sumidoiros grupo escolar, Touza e Valdomar, pavimentación acceso en Gaioso e San Cristovo e ruta de sendeirismo ás beiras do Miño na Peroxa os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.
Simultaneamente anúnciase concursos públicos polo trámite urxente, se ben as licitacións aprazaranse cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello da Peroxa. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto dos contratos. Descrición.
a) A execución da obra recuperación da feira tradicional da Peroxa, segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución 4 meses.
b) A execución da obra ruta de sendeirismo ás beiras do Miño na Peroxa, segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Rodríguez Portugal-Maceda. Prazo de execución 7 meses.
c) A execución da obra rede de sumidoiros grupo escolar, Touza e Valdomar segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución tres (3) meses.
d) A execución da obra de pavimentación acceso en Gaioso e San Cristovo segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamentos base de licitación.
a) Obra de recuperación da feira tradicional da Peroxa, o orzamento xeral e tipo de licitación ascende á cantidade de 38.500.000 pesetas.
b) Obra de ruta de sendeirismo ás beiras do Miño na Peroxa, o orzamento xeral e tipo de licitación ascende a cantidade de 18.000.000 de pesetas.
c) Obra de rede de sumidoiros grupo escolar, Touza e Valdomar, o orzamento de execución de contrata e tipo de licitación ascende a cantidade de 8.691.771 ptas.
d) Obra de pavimentación acceso en Gaioso e San Cristovo o orzamento de execución de contrata e tipo de licitación ascende a cantidade de 7.789.180 ptas.
5. Garantías.
Provisional: será do 2% do orzamento xeral.
Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello da Peroxa. b) Domicilio: A Peroxa. c) Localidade: A Peroxa, C.P. 32150. d) Teléfono: 988 20 66 14. e) Fax: 988 20 66 19. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Para a obra recuperación da feira tradicional da Peroxa: grupo C, subgrupos 2, 4, 5, 6 e 8; grupo G, subgrupo 6; grupo E, subgrupo 1; categoría d.
Para a obra ruta de senderismo ás beiras do Miño na Peroxa: G.6.c.
Para a obra rede de sumidoiros grupo escolar, Touza e Valdomar: E-1, categoría c.
Para a obra pavimentación acceso en Gaioso e San Cristovo: non se require.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º de cada prego.
c) Lugar de presentación: Concello da Peroxa.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello da Peroxa. b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).
10. Gastos do anuncio.
Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.
A Peroxa, 29 de setembro de 2000.
Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde

