Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre A Lei de Responsabilidade Penal do Menor, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivos ofrecer ós corpos e forzas de seguridade unha visión o máis ampla posi
ble da problemática dos malos tratos a menores, tanto físicos coma psicolóxicos, e informar sobre cáles son os medios ó alcance para paliar este problema, así como o estudio da Lei de responsabilidade penal do menor.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertarán será de 27.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de novembro de 2000, ás 14 horas.
3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Duración e datas.
O curso desenvolverase en datas do 20 ó 24 de novembro de 2000.
O horario será de 16 a 20 horas do serán.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 14 de novembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.
Lugar.
O curso celebrarase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 28 de setembro de 2000.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade

