Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Frinsa Eólica, S.A.
Enderezo: avda. Xeneral Franco, nº 81, 15960 Ribeira (A Coruña).
Denominación: parque eólico Monte San Alberto.
Concellos afectados: Ribeira.
Coordenadas:
V: (X=500.000; Y=4.714.000)
V: (X=500.000; Y=4.716.000)
V: (X=501.000; Y=4.717.000)
V: (X=502.000; Y=4.717.000)
V: (X=503.000; Y=4.716.000)
V: (X=501.000; Y=4.714.000)
Potencia que se vai instalar: 15 MW.
Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.
A Coruña, 4 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

