Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 255/2000, do 13 de outubro, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando de la Rúa, presidente da República Arxentina.

En atención ós méritos que concorren en Fernando de la Rúa, presidente da República Arxentina, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando de la Rúa, presidente da República Arxentina.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública