Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia).

En cumprimento da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados, o día 25 de setembro de 2000, os novos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia) na que se acollen as modificacións aprobadas no 7º congreso que tivo lugar en Santiago de Compostela os días 27, 28 e 29 de abril de 2000, así como a certificación acreditativa dos ditos extremos, expedida polo secretario xeral da devandita central sindical, Xan María Castro Paz.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais