Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MASIDE

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Maside, praza Maior, 1, Maside (Ourense).

2. Obxecto do contrato: acondicionamento urbano e mellora no contorno da Casa do Concello de Maside.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación urxente, procedemento aberto e a modalidade de concurso.

4. Data de adxudicación do contrato: 15 de setembro de 2000.

5. Nº de ofertas rcibidas: catro.

6. Nome e enderezo do adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.; con enderezo no parque empresarial do Pereiro de Aguiar, víal centro comercial, parcela nº 30, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

7. Prezo: 25.000.000 de pesetas.

8. Data de publicación do anuncio de licitación: BOP do 11 de agosto e DOG do 11 de agosto de 2000.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do TRLCAP e artigo 93 do

R.D.L. 2/2000, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administraicións públicas.

Maside, 20 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado