Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.837

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (499/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

De que no xuízo de faltas nº 499/1999 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o oito de maio de dous mil.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz de instrucción, vista e oída no xuízo oral e público a presente

causa, xuízo de faltas 499/1999, seguida por unha falta de apropiación indebida contra Miguel Gil Muñoz, sendo parte nesta o Ministerio Fiscal e denunciante Jaime Rey Pérez.

Resolvo: debo absolver como absolvo a Miguel Gil Muñoz da falta de apropiación indebida de que viña acusado, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Miguel Gil Muñoz, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial

de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado