Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, ofic-2, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. de C.P.M. San Salvador de Budiño-As Gándaras a Pavimentos Grupimar.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, 20 kV, de 148 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o centro de protección e medida San Salvador
de Budiño-As Gándaras ata o C.T existente de Pavimentos Grupimar, en Reloas-A Devesa-San Salvador de Budiño. Concello do Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 11 de setembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra