Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000 pola que se resolve o concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario no porto de Ribeira con destino a nave para actividades portuarias. (Expediente 12-48-00-C-01).

Por Resolución do 14 de xullo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 21 de xullo de 2000, convocouse concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario no porto de Ribeira con destino á construcción dunha nave para actividades portuarias.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación solicitando que se declare deserto o concurso con base en que as ofertas presentadas incumpren distintos puntos do epígrafe 8.6) Contido das proposicións. Sobre B: referencias técnicas do prego de bases do concurso.

Esta presidencia resolve: declarar deserto o citado concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-ad

ministrativo ante, a elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados dende o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia