Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO da aprobación de pregos de cláusulas económico-administrativas.

Aprobados polo Pleno da Corporación, en sesión do 18 de maio de 2000, os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán a preparación e formalización dos contratos de obras e subministracións no Concello de Boiro (Lei 53/1999, do 28 de decembro, de modificación da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas), e sometida a información pública a dita aprobación no BOP nº 130, do 8 de xuño de 2000, polo prazo de 8 días, sen que se formulase reclamación ou alegación ningunha ó respecto, considéranse definitivamente aprobados procedéndose á súa publicación íntegra no BOP nº 219, do 22 de setembro de 2000.

Boiro, 25 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado