O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 23 de outubro de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Mª Fe Álvarez Sánchez e Manuel Torres Arias contra a Resolución do 11 de agosto de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 9 (celador/a de segunda/vixilante de recursos naturais/escoita incendios) (lista B) do grupo V.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por este, nas listas publicadas por Resolución do 11 de agosto de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 9 (celador/a de segun
da/vixilante de recursos naturais/escoita incendios) (lista B) do grupo V, cos seguintes datos:
-Incluír a Mª Fe Álvarez Sánchez, DNI 33.850.641 lista B, puntuación: 1,250:
No posto número 31 no ámbito xeográfico D3200.
-Incluír a Manuel Torres Arias, DNI 04.834.602 lista B, con 0 puntos:
No posto número 44 no ámbito xeográfico D1500.
No posto número 41 no ámbito xeográfico D3600.
DNI: 04.834.602.
Apelidos: Torres Arias.
Nome: Manuel.
Base 1: 0.
Base 2*: 0.
Base 3*: 0.
Base 4*: 0.
Base 5: 0.
Base 6: 0.
Base 7: 0.
Base 8: 0.
Total: 0.
* A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderá exceder de 5 puntos.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.
Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública