Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilaseco-Quintairo, no concello do Saviñao e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 23/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Vilaseco e ó C.T. de Rebordaos, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV con orixe na L.M.T. ó C.T. de Rebordaos e remate no C.T. de Vilaseco e C.T. de Rebordaos, cunha lonxitude de 0,983 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 8 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie de Vilaseco, situado en Vilaseco, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea Vilaseco-Quintairo-A Besta, con orixe no C.T. de Vilaseco, lonxitude 1,094 km e 17 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 23/1998. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Vilaseco-Quintairo.Termo municipal: O Saviñao.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

19CortiñaPradoRpta. Elodia Estévez Fernández

Hdos. Manuel Vázquez Leal

r/ Juventud 54, 2º-1

Hospitalet (Barcelona)

45720

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

15PensoMonte altoRpta. Elodia Estévez Fernández

Hdos. Manuel Vázquez Leal

r/ Juventud, 54, 2º-1

Hospitalet (Barcelona)

14224

6ChicánPradoJosé Luis Rodríguez RodríguezBexe-Rebordaos

O Saviñao (Lugo)

10160