Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso para a mellora das instalacións eléctricas municipais de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramite o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 315/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de mellora das instalacións eléctricas municipais de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.297.054 pesetas (158.058,4776 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d).

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos puntos 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto de contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contrataicón: Decreto do 24-10-2000.

c) Consulta da documentación: imprenta Monterrey, avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 24 de outubro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde