Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidación derivados de actas de desconformidade (A02) e cartas de pagamento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Lamelas Fariña, José Luis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de liquidación derivados de actas de desconformidade (A02) e cartas de pagamento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron depositados polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de outubro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Lamelas Fariña, José Luis

NIF: 35.439.988-R

R/ Luis A. Mestre, 34

O Grove

Imposto de sucesións e doazóns

Período impositivo: 1995

Expte.: Z-2576/00

Doc.: 000050049