Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, incluídas modificacións posteriores a ela, do proxecto denominado liña de alta tensión a 220 kV Vimianzo-Mazaricos, situado nos concellos de Vimianzo, Mazaricos e Dumbría (A Coruña) e promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do

impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 24 de marzo de 2000 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do proxecto denominado liña de alta tensión a 220 kV Vimianzo-Mazaricos, modificada por resolucións do 11 de maio e 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, situada nos concellos de Vimianzo, Mazaricos e Dumbría (A Coruña), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto de L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos. Estudio de impacto ambiental. Abril 1999.

-Proxecto de L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos. Estudio de impacto arqueolóxico. Abril 1999.

-Oficio de data 18-1-2000 remitido por Unión Fenosa, en contestación ó primeiro informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

-Oficio de data 18-1-2000 remitido por Unión Fenosa, en contestación á alegación do Concello de Dumbría.

-Localización dos apoios en coordenadas U.T.M., marzo 2000.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o estipulado na documentación presentada polo promotor e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (220 kV), aérea en simple circuíto, que discorre entre a subestación de Mazaricos e a subestación de Vimianzo, cunha lonxitude total de 23.793 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de terra e fibra óptica.

A traza discorre polos concellos de Vimianzo, Dumbría e Mazaricos, sendo as coordenadas U.T.M. dos apoios as indicadas no plano denominado traza L.A.T. 220 kV. Marzo 2000. Código 98088 e que se recollen a continuación:

ApoioVértice XVértice Y

1496144.64974772412.33

2496018.54344772445.116

3495936.52334772232.042

4495779.26984771823.527

5495713.19684771488.41

6495663.99684771238.873

7495625.11894771041.688

8495554.24454770682.219

9495603.54054770289.873

10495648.80274769929.633

11495675.03544769720.847

12495678.06634769587.531

13495689.49014769087.703

14495749.50144768847.621

15495817.6284768575.137

ApoioVértice XVértice Y

16495958.7805476800.574

17496064.15134767589.126

18496046.36114767333.555

19496010.76274766821.989

20495994.22524766584.338

21496115.95964766158.013

22496193.63024765886.004

23496303.40274765609.981

24496409.98154765341.988

25496476.41694765174.936

26496425.22854764704.704

27496387.89234764361.746

28496392.33574764218.717

29496412.51784763569.057

30496420.32234763318.114

31496435.77884763138.901

32496457.36614762888.604

33496477.90854762650.421

34496501.35234762378.598

35496533.64694762004.153

36496568.62694761598.572

37496588.23684761371.201

38496570.15284761059.803

39496556.77044760829.364

40496538.8262476520.374

41496514.17054760095.813

42496492.7194759726.429

43496472.77074759382.928

44496458.76494759141.755

45496439.65564758812.7

46496419.00444758626.527

47496379.35714758269.101

48496432.88534757918.939

49496495.68734757508.113

50496543.7644757193.613

51496584.9634756924.212

52496696.82844756571.737

53496755.56634756386.688

54496849.75384756089.958

55496901.14394755809.597

56496963.62954755468.582

57497031.42194755098.605

58497119.84364754616.044

59497163.94584754375.356

60497205.89974754114.112

61497256.05954753801.769

62497302.6664753511.553

63497348.25284753227.686

64497384.90074752999.482

65497461.4414752522.869

664975354752132.5

67497597.3944751801.382

68497620.9134751579.637

ApoioVértice XVértice Y

69497649.91184751306.229

70497682.91694750995.046

71497711.36454750726.834

72497742.83944750430.079

73497734.97914750152.898

74497726.02414749836.781

75497717.30254749528.901

76497709.77044749263.009

77497705.39114749108.416

78497702.86994749019.417

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre campos eléctricos e magnéticos.

Visto que o trazado non afecta zonas habitadas, non se considera facer, neste epígrafe, recomendación ningunha sobre a limitación da exposición do público en xeral ós campos electromagnéticos.

2.2. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, producida pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos.

Ó longo destes períodos non se poderán comeza-los movementos de terra sen que se atopen dispostos a pé de obra os medios materiais necesarios para proceder á humectación do chan.

2.3. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos durante a execución no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, as ordenanzas municipais establecidas ó respecto.

Ademais, de acordo co punto 8º do artigo 4 da citada lei, presentarase un estudio acreditativo do impacto acústico durante a execución do proxecto. Para comproba-lo axeitado cumprimento do parágrafo anterior, aplicarase o disposto no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

A importancia da hidroloxía superficial da zona do proxecto vén dada polo río Xallas, que é atravesado pola liña eléctrica, e a súa bacía hidrográfica.

Se con motivo da execución dalgunha vía se atravesase algún curso fluvial, será preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para evita-la escorregadura e as cunetas das vías terán as dimensións apropiadas para evacua-lo volume de auga previsto nas épocas de maior pluviosidade.

Evitarase a elaboración de formigón na propia obra, procurando adquirilo xa preparado de plantas autorizadas, con obxecto de diminuí-lo risco de contaminación das augas.

As tarefas de mantemento dos diferentes equipos e maquinaria móbil durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais que poidan afecta-los cursos de auga.

Os aceites e outros residuos xerados nas tarefas de mantemento durante a fase de explotación da liña deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado, debidamente acreditado, que se fará cargo deles. En tanto non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse nun lugar axeitado e debidamente sinalizado. A localización deste almacenamento deberá indicarse na documentación que se presentará de acordo co punto 11.3º b) desta DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites da zona de obras e unha delimitación exacta deles, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

As vías de acceso e cimentacións executaranse tendo en conta os efectos da pluviometría da zona e a natureza do solo, co fin de diminuí-los arrastres e perdas de solo.

A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Sinalizaranse todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que a definen e describindo os efectos que desencadeen no medio. Ademais, deberase xustifica-la necesidade futura das pistas abertas durante a fase de obras ou, noutro caso, proceder á súa restauración.

Previamente á execución das vías precisas para o levantamento da liña, e paralelamente á aceptación por parte de Unión Fenosa Distribución, S.A. do plan de traballo previsto pola empresa contratada, solicitarase informe sobre este ó órgano ambiental.

Nos movementos de terras procurarase equilibrar ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada durante os labores de escavación e amoreada en montóns que non superen os dous metros de altura, nun lugar fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. As moreas realizaranse de forma que se garanta a conservación das súas propiedades.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullo, así como os materiais sobrantes da obra, serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, levándose a vertedoiro autorizado ou recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente.

5. Protección da fauna e vexetación.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de choque e electrocución, sendo precisa a presentación dun estudio que describa e xustifique a adopción destas medidas, segundo o indicado no punto 10.1 desta DIA.

De acordo co EsIA, levarase a cabo un programa de vixilancia periódica co fin de comprobar se se producen colisións e electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en que zonas se producen e que especies son afectadas. Se se constata a afección da avifauna, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas.

5.2. Sobre a vexetación.

Os restos da corta serán eliminados de acordo co negociado co propietario, debendo ter en conta as boas prácticas de eliminación destes residuos; considerando o disposto na Resolución do 26 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para prevención de incendios forestais durante o ano 2000.

Recoméndase empregar técnicas de roza axeitadas que favorezan a revexetación por especies autóctonas nas diferentes zonas afectadas polas obras, e métodos de trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuíndo as posibilidades de incendio, así como riscos de ataque de pragas e enfermidades.

Se é o caso, calquera aproveitamento ou utilización da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se recolle na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o Regulamento da antedita lei.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de viais e cunetas) deberán ser recuperados mediante unha revexetación axeitada, que restitúa na medida do posible as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal.

Aquelas pistas que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoas axeitadamente en toda a súa extensión, debendo presentarse un plan de restauración de acordo co indicado no punto 10.2. da DIA.

6. Protección dos valores arqueolóxicos.

Os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto das ditas obras que terá que ser informado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que non se poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 30 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas, precisará o informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxico como etnográfico) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control de seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas protectoras e/ou correctoras. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación, se é o caso, destas medidas.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, deberán integrarse o máis posible na paisaxe. As súas bases arquitectónicas deberán ser concordantes coa tipoloxía constructiva da zona.

8. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos elementos da estructura, deberanse instalar torretas con balizas de sinalización, de acordo coa normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que delimiten e definan perfectamente a traza da L.A.T.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE número 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE número 58, do 8 de marzo de 1969).

9. Fase de abandono das instalacións.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios,

retirada dos transformadores eléctricos e de calquera outro tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a un xestor autorizado para a súa correcta eliminación. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará ante o órgano substantivo, a seguinte documentación por triplicado, na forma e cos contidos recollidos a continuación:

10.1. Xustificación dos dispositivos e medidas de deseño adoptadas para minimiza-lo risco de electrocución e choque da avifauna coa liña, detallando a sinalización do cable de terra e medidas de illamento empregadas.

10.2. Documento que inclúa o desenvolvemento detallado de tódalas medidas protectoras e correctoras, contidas no estudio ambiental e as derivadas da presente DIA, e do programa de vixilancia ambiental, dotado de memoria, planos, prego de condicións e orzamento.

10.3. Estudio de detalle da proposta do plan de traballo previsto pola empresa contratada, no que se inclúa a localización de tódalas infraestructuras da liña eléctrica. Describirase axeitadamente o percorrido das vías, diferenciando as de nova creación das xa existentes, e localización final dos apoios, con coordenadas U.T.M. Neste documento incluirase o plan de restauración das zonas afectadas polos movementos de terras, especificando a contía das superficies que se van restaurar, as especies e densidades que se empregarán, a maquinaria, a planificación, o calendario de actuacións e orzamento.

10.4. Autorización do proxecto arqueolóxico da zona da liña de alta tensión xa prospectada, e solicitude de autorización de prospección de novos accesos que estean fóra da zona prospectada, de acordo co indicado no punto 6 desta DIA.

10.5. Estudio acústico cos contidos incluídos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica (DOG nº 100).

Unha vez informado por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta Dirección Xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo:

10.6. Cronograma estimado de obras, que inclúa tódalas actividades que se van realizar e as medidas protectoras e correctoras de carácter ambiental.

10.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico, conforme o indicado no punto 6 da presente DIA. En ningún caso se poderán inicia-las obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ó respecto do indicado neste punto.

A documentación requirida no presente punto 10 remitiráselle ó órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración

e, se procede, a imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez avaliada a documentación e informada favorablemente, a obra poderá iniciarse sempre e cando non se afecten novos accesos, non prospectados, e sempre coa supervisión de arqueólogos autorizados.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudio ambiental e das condicións da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nas condicións da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, a seguinte documentación:

1. Durante a execución das obras, e con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de construcción da liña, de acordo co indicado no punto 2.3 da presente DIA.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo así mesmo as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA.

d) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:20.000 ou maior detalle, onde se reflictan os avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios, cunetas, etcétera e listaxe da localización dos apoios, en coordenadas U.T.M.

2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:20.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas

accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica que recolla os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado dos viais de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área, etcétera.

3. Seguimento ambiental semestral: a contar desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe semestral incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das afeccións á avifauna, de acordo co EsIA, conforme o indicado no punto 5.1 da DIA.

b) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados e plano onde se localice o lugar para o seu almacenamento.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación presentado polo promotor, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión e, se é o caso, integración paisaxística.

d) Control da intensidade e potencia do campo eléctrico e magnético nas vivendas máis próximas á L.A.T.

A vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste seguimento ambiental.

4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da L.A.T., remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 9 da presente declaración de impacto ambiental.

5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contado desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos, elementos paisaxísticos e restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos

que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio no proxecto de L.A.T. 220 kV subestación Vimianzo-subestación Mazaricos (A Coruña) deberá ser notificado explicitamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e para facer fronte ós posibles danos que se produzan ó medio. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas protectoras e correctoras e plan de recuperación. Mentres non se presente axeitadamente este orzamento, como importe do aval proponse o 4% do investimento que se vai realizar.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou á solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes se corrixan.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade obxecto do proxecto.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión 220 kV, aérea en dobre circuíto con disposición de conductores en bandeira, e unirá a futura subestación de Vimianzo coa subestación de Mazaricos, cunha lonxitude total de 23.793 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de terra e fibra óptica.

O tendido iníciase na subestación de Mazaricos, que se atopa próxima á aldea de Fornís, no lugar chamado Lomba de Beba. Trátase dunha zona localizada na ladeira oriental dos Montes da Ruña. Desde este punto, en dirección norte-noreste adéntrase pola súa vertente occidental no val do río Beba ata descender ó encoro de Ponte Olveira, construído no curso medio do río Xallas e situado a 250 m de altitude. Desde aquí, seguindo a mesma dirección, e mantendo unha altitude progresivamente ascendente, a liña de tendido avanza ó longo da vertente occidental do pequeno val de Rego de Santa Lucía ata a aldea de Vilar, adéntrase nos montes de Buxantes, ós que accede pola valgada do Rego de Vilar, para ascender ata as proximidades da Chan das Lagoas, penechaira que se sitúa nas zonas altas do sector nororiental dos montes de Buxantes. Ó chegar ó alto do Cabral descende en dirección norte ata adentrarse no val do río do Castro, localizado no val de Vimianzo. O derradeiro tramo do tendido prolóngase

ó longo do dito val ata conectar coa subestación de Vimianzo.

A liña discorre polos concellos de Vimianzo, Dumbría e Mazaricos.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EsIA inclúen as seguintes:

-Aproveitarase ó máximo a rede de camiños existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

-Buscarase a máxima adaptación ó terreo dos posibles novos tramos de acceso, de forma que se sigan as curvas de nivel, evitando as ladeiras de forte pendente ou as proximidades de regatos e abarrancamentos, co fin de minimiza-la creación de noiros que poidan sufrir procesos de inestabilidade ou nos que se poidan iniciar procesos erosivos.

-Os accesos realizaranse de tal xeito que afecten minimamente a rede natural de drenaxe. Evitaranse especialmente os regatos e abarrancamentos.

-Sempre que as condicións do terreo o permitan, o paso de maquinaria realizarase sobre as rodadas anteriores, evitando a compactación do solo e afeccións á vexetación.

-A pista de traballo sinalizarase convenientemente co fin de que os operarios non teñan confusión respecto á súa beira. Evitarase no posible saca-lo vehículo fóra da pista.

-Nos movementos de terras, os maquinistas non soltarán o cazo desde certa altura, senón que depositarán a terra do mesmo xeito no que o fan para a apertura de gabias.

-Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción almacenaranse convenientemente e serán retirados da zona a vertedoiros autorizados, dependendo a súa disposición final da natureza do residuo.

-Non se permitirá o vertido de entullo, lixo ou desperdicios non contorno da área do proxecto ou en calquera outro lugar non autorizado.

-Extremaranse as precaucións sobre verteduras accidentais de materiais de construcción ou aceite, combustibles e residuos, retirando en caso de accidente o residuo vertido o máis rapidamente posible co fin de evita-la contaminación do solo e das augas.

-As operacións da maquinaria, no caso de que teñan que realizarse na zona de obras, levaranse a cabo en lugares dispostos para isto, arredados dos cursos de auga e procurando que as verteduras sólidas e líquidas (aceites, graxas, pezas, etcétera) sexan debidamente xestionadas.

-Evitaranse os danos innecesarios á vexetación, especialmente á vexetación leñosa e matorreira, en tódolos traballos, apertura de accesos, franxa de seguridade, cimentacións, etcétera.

-Sempre que sexa posible procederase á retirada previa da terra vexetal procedente das obras que impliquen movementos de terra, así como á súa conservación e recuperación posterior nos traballos de restauración e recheo, trasladando o volume sobrante á entulleira autorizada.

-Evitaranse os danos ou molestias innecesarias a calquera animal durante as fases de construcción.

-Levarase a cabo un seguimento detallado dos traballos ó pé da obra, de tal xeito que se, se detectase algún xacigo arqueolóxico, comunicarase inmediatamente ó organismo competente e atenderase ás disposicións vixentes en canto á súa protección.

ANEXO II

Resultados das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ó proyecto de L.A.T. 220 kV Vimianzo-Mazaricos. Estudio de impacto ambiental, e acepta as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, cos seguintes condicionantes que se incluirán na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. De acordo co punto 2.2.1.a) do EsIA, os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de

impacto das ditas obras que terá que ser informado por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura dos ditos accesos non poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

2. Cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 30 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

3. Antes do inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxico como etnográfico) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control de seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

4. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural indica que co fin de darlle unha definición contractual ás medidas adoptadas como resultado da realización do estudio de impacto, os conceptos e datos relacionados coa execución das medidas preventivas e correctoras, previstas no estudio, así como as que se expoñen neste informe, figurarán na memoria, planos, prego de condicións e orzamento do proxecto de construcción, desenvolvéndose en concordancia con cada un dos documentos anteriores. Tamén se valorarán os gastos derivados do programa de vixilancia ambiental.

Indican a necesidade de incluír nun anexo do proxecto técnico o desenvolvemento das medidas correctoras, protectoras e programa de vixilancia ambiental, podendo definirse este como «anexo de integración ambiental»; formalmente organizarase

como un proxecto de enxeñería: memoria, planos, prego e orzamento.

Ademais do desenvolvemento das medidas propostas no EsIA, indican que deberá fecerse o pertinente coas seguintes medidas:

1. Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso. Considérase axeitada a súa proposta, nembargantes pode xurdi-la necesidade de abrir algunhas novas. Estímase oportuna a sinalización de todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que a definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

No tocante a aquelas pistas ou trochas abertas durante a fase de execución, haberá que xustifica-la súa necesidade futura, ou senón, procederase á súa restauración. Débense sinalar todos e cada un dos accesos que se precisen, definindo a obra tecnicamente e describindo os efectos que se desencadeen no medio.

Solicitan que, previamente á execución das vías precisas para o levantamento da liña e paralelamente á proposta de aceptación a Unión Fenosa Distribución, S.A. do plan de traballo previsto pola empresa contratada, se faga o mesmo co órgano ambiental. Podendo, así no caso de estimarse, propoñer un cambio non definido polo contratista. Lembrando que para as pistas se describirán detalladamente as características que as definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

2. É previsible a corta de grande cantidade de biomasa, que será preciso xestionar. Os restos de corta serán eliminados de acordo co negociado co propietario. Nembargantes, e sen cuestionar isto, deberanse ter en conta as boas prácticas de eliminación destes residuos; considerando o disposto na resolución do 26 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e MAN sobre medidas para prevención de incendios forestais durante o ano 2000.

En todo caso recomendan empregar métodos de trituración e espallamento homoxéneo, por permitiren unha rápida incorporación ó solo, diminuíndo as posibilidades de incendio, así como riscos de ataque de pragas e enfermidades.

3. Son numerosas as zonas nas que se producen cruces de ríos e regatos, nos que deberán concretarse as actuacións que se realizarán, así como as medidas que se adoptarán sobre todo na vexetación de ribeira.

En todo caso, subliñan que calquera tipo de aproveitamento ou utilización da vexetación nas ribeiras dos ríos precisará de autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56.2º do Regulamento que desenvolve a anterior lei.

4. Deberanse concreta-las actuacións de conservación que se pretenden realizar nas zonas de servidume das liñas, tipo de control da vexetación, cambio de uso do solo en caso de estimarse.

5. Falan da presencia dunha rede hidrográfica relativamente densa, con grande número de pequenos

cursos fluviais; no tocante a estes terase en conta o seguinte:

-Evitarase a vertedura de substancias contaminantes (cementos, entullo, aceites, hidrocarburos...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa a calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

-Non se acumularán no curso natural nin nas zonas de servidume, terra, entullo, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse á auga por escorregaduras ou crecidas.

-Evitarase o arrastre de sólidos en suspensión. Especialmente problemáticos poden se-los movementos de terras, polo que se vixiarán estes e tomaranse as medidas oportunas.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nas augas continentais.

6. Non se poderá efectuar ninguna actividade que non veña recollida no EsIA, ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, acompañado dunha proposta de condicións ambientais que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación da situación orixinal trala fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións adicionais.

ANEXO III

Resumo da alegación recibida

A Alcaldía, en representación do Concello de Dumbría, presenta as seguintes alegacións:

1. O proxecto de instalación dunha liña de alta tensión de Vimianzo-Mazaricos, proxecto integrado nun proxecto xeral de L.A.T. de Dumbría a Mesón do Vento, de 220 kV, supón unha duplicidade de liñas de alta tensión ó existir na actualidade unha liña propiedade da empresa Ferroatlántica, polo que se debe ter en conta a conseguinte duplicidade dos efectos sobre a saúde humana.

2. No proxecto prevense varios cruzamentos con liñas tanto de alta como de baixa tensión xa existentes no concello. No proxecto que presenta Unión Fenosa prodúcense cruzamentos con liñas de alta

tensión como por exemplo o nº 9 de L.A.T. de 220 kV de Ferroatlántica. O cruzamento nº 12 prodúcese entre a nova liña proxectada e a existente de L.M.T. de 30 kV de Fervenza-Dumbría. O cruzamento nº 10 no que se dá coa liña de L.M.T. de Pontella-Lucín.

Isto debe ser tido en conta á hora de planifica-lo establecemento de L.A.T. aéreas.

3. O Concello de Dumbría vén dedicando neste últimos anos unha política de reforestación do concello con plantacións de especies autóctonas. Este plan de reforestación está financiado pola Unión Europea, vese en parte truncado pola implantación da liña de alta tensión proxectada, o que deberá ser tido en conta tanto para efectos indemnizatorios como ambientais.

4. Escasa distancia que transcorre das casas dos lugares das parroquias de Olveira e Olveiroa co incremento do risco sobre a sáude das persoas.

5. O Concello de Dumbría é un concello productor de enerxía eléctrica e así se constata pola existencia no termo municipal do encoro de Fervenza e a súa correspondente central hidroeléctrica, encoro de Olveira e a central hidroeléctrica de Campelo, subestación na factoría da empresa Ferroatlántica de Dumbría, subestación de Xestosa a Ferroatlántica na conducción da liña de Santa Uxía á factoría de Ferroatlántica de Dumbría.

Nembargantes, este concello é claramente deficitario en materia de subministración eléctrica nalgúns lugares do concello. Estase a producir pois unha situación paradoxal no concello de Dumbría que por unha banda ten nalgúns lugares do concello unhas instalacións eléctricas deplorables e por outra resulta que vén soportando o tendido de L.A.T. que levan grandes cantidades de kV que se producen no termo municipal das que se carecen nos lugares de Dumbría.

Por todo o exposto, solicitan, en primeiro lugar, que se teñan en conta as alegacións presentadas ó expediente que se tramita a instancias de Unión Fenosa Distribución, S.A., da liña de alta tensión de 220 kV Vimianzo-Mazaricos, e que realicen os informes e estudios pertinentes para evita-la duplicidade de liñas de alta tensión de Dumbría a Mesón do Vento. En segundo lugar, esta Alcaldía quere manifestar a súa total oposición ante a duplicidade de liñas que se constata.