Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 26 de setembro de 2000, adoptou acordo polo que se aproba definitivamente o estudio de detalle promovido por Benisa Promociones, S.L. para regula-la construcción no soar situado na avda. de Madrid, esquina de baixada á praia de Lavapanos da vila de Sanxenxo.

O que se notifica para coñecemento o efectos, coa salvidade do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; faise saber que contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, se poderán interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992 segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o Xulgado Contencioso-Administrativo nos casos sinalados no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

Sanxenxo, 3 de outubro de 2000.

Joaquín Domínguez Bea

Alcalde en funcións