Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de outubro de 2000 pola que se autoriza o uso, nos centros docentes públicos e privados, de novos materiais curriculares derivados do proxecto editorial Lengua Vicens Vives para o segundo ciclo de educación primaria da editorial Ediciones Vicens Vives, S.A., aprobado por Orde do 1 de febreiro de 1995.

Por Orde do 1 de febreiro de 1995 (DOG do 1 de marzo) foi aprobado o proxecto editorial Lengua

Vicens Vives da editorial Ediciones Vicens Vives, S.A. da área de lingua castelá e literatura para o segundo ciclo de educación primaria.

A devandita editorial elaborou novos materiais curriculares desenvolvidos a partir do proxecto editorial aprobado pola orde antes mencionada. Por isto, unha vez supervisadas as mostras significativas correspondentes a estes novos materiais, en virtude do establecido no Decreto 89/1993, do 19 de abril, e a Orde do 15 de novembro de 1994, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo uso, nos centros docentes, dos novos materiais da área de lingua castelá e literatura para o segundo ciclo de educación primaria, correspondente ó proxecto da editorial Ediciones Vicens Vives, S.A. aprobado por Orde do 1 de febreiro de 1995.

Segundo.-Os materiais curriculares deberán re-

flectir esta autorización nos termos establecidos na Orde do 15 de novembro de 1994, mencionando a orde de aprobación do proxecto e a presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria