No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vehículos e maquinaria para o Servicio de Vías e Obras desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da
Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
-Lote 1: dúas pas retrocargadoras de rodas, 18.000.000 de pesetas.
-Lote 2: un tractor de cadeas, 30.500.000 pesetas.
-Lote 3: seis furgonetas para servicio das rozadoras e substitución de persoal, 9.600.000 pesetas.
-Lote 4: un camión lixeiro de sete prazas, 4.800.000 pesetas.
Ourense, 31 de outubro de 2000.
O presidente
Rubricado

