Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expe-

diente 193/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo,

171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión a, 15/20 kV, sobre apoios metálicos tubulares e de formigón con conductor LA-56, de 540 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da liña que alimenta o C.T. Agramonte Agarimo e final no C.T. Ponte-Vilarrodís, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 995 m de lonxitude, co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración

da zona de Vilarrodís, A Ponte, Laxobre e Pontellos, no termo municipal de Arteixo (expte. nº 193/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se se ignora o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 6 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 193/2000Provincia: A Coruña

L.M.T. C.T. Ponte VillarodísTermo municipal: Arteixo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A FragaMonte altoSalvador Vázquez PereiroPonte-Pquia. Oseiro 3

15141 Arteixo

1 y œ297844

3A FragaMonte altoJosé Ramón Orgeira DopicoTravesía de Arteixo 140

15142 Arteixo

1 y œ21211.487

4Souto dos CorvosLaborCarmen Pazos PanPonte-Pquia. Oseiro 13

15141 Arteixo

18180

6Viña VellaCampoPerfecta Orgeira DopicoTravesía de Arteixo 215

15142 Arteixo

30300

7Viña VellaCampoPerfecta Orgeira DopicoTravesía de Arteixo 215

15142 Arteixo

4246460

8TarreoLaborJosé Insua González y Amelia Añón DopicoR/ Poeta Trillo Figueroa 8-10 1º dta.

15009 A Coruña

96960