Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, que tivo lugar o 19 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle para regulariza-las aliñacións do tramo de rúa sita en trav. a avda. de Portugal-Porto Meloxo, 61, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de José Domínguez Soutullo.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, que comezará a contar desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello, para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio a notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou ós que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 31 de outubro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde