A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 6 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei do portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, recibidas as novas propostas feitas polos concellos de Marín e Pontevedra, e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
Nomear a Francisco Antonio Santiago Fernández como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Marín.
Nomear a Miguel Ángel Fernández Lores como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Pontevedra.
Nomear a Roberto Taboada Rivadulla como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Pontevedra.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2000.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda

