Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/227-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Beiramar 189.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32 á altura do N.179 da avda. Beiramar, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta no N.189 da avda. Beiramar, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra