Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Rocío, situada no Incio (provincia de Lugo) e promovida por Pizarras Vega, S.L.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de octubre), dispón que os estudios de efectos ambientais se someterán ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Rocío, situada en terreos do concello do Incio,

provincia de Lugo, e solicitado por Pizarras Vega, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para a súa consulta nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Delegación Provincial de Industria de Lugo.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello do Incio.

Así mesmo, as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria