Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación de diversas asistencias técnicas 1/2000 (concurso, procedemento aberto).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, esta delegación provincial procedeu á adxudicación das seguintes asistencias técnicas:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Santo André, Camporredondo (concello de Ribadavia-Ourense) LB-2817-ES/OUR-00.06.

Empresa: UTE Esproagro Ingeniería, S.L.-Inselt, S.L.

Importe: 20.150.000 pesetas.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos (concello de Verín-Ourense) LB-2822-ES/OUR-00.07.

Empresa: Eido Ingenieros, S.A.

Importe: 31.943.000 pesetas.

3. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces (concello de Verín-Ourense) LB-2816-ES/OUR-00.08.

Empresa: Euroagro Ingeniería, S.L.

Importe: 32.200.000 pesetas.

4. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de San Victorio da Mezquita-Santa Baia de Urrós (concello de Allariz-Ourense) LB-2849-ES/OUR-00.09.

Empresa: UTE Esproagro Ingeniería, S.L.-Inselt, S.L.

Importe: 24.900.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Ourense, 10 de outubro de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense