Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do conselleiro do recurso de alzada, interposto contra o expediente sancionador Secretaría 221/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais de data 20-9-2000, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución desta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1998, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación de conformidade co artigo 46 da devandita Lei 29/1998.

Expediente sancionador: Secretaría 221/1999.

Denunciado/a: Embutidos Juan Fernández, S.L.

DNI/CIF: 32.451.605

Último domicilio coñecido: Manuel Deschamps, 13, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cen mil pesetas.

A Coruña, 13 de outubro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña