Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Galego de Estatística.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

Nº de expediente: 640.1/30/04.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: traballo de campo e gravación da información necesaria para a medición mensual da ocupación nos establecementos hoteleiros galegos e nos de turismo rural de Galicia, así como para a medición trimestral das expectativas nos establecementos hoteleiros galegos para a elaboración da enquisa continua de ocupación hoteleira, a estatística de ocupación no turismo rural e a de expectativas hoteleiras.

3. Prazo de execución: 12 meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

5. Orzamento base de licitación:

Importe total: 7.900.000 pesetas (47.479,96 euros).

6. Garantía provisional: 158.000 pesetas (949,60 euros).

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención da documentación e información: poderán retirala no Negociado do rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703. Teléfono: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o undécimo día seguinte ó de remate de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística