Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

No BOP da Coruña número 187, do 16 de agosto de 2000, publícanse as bases da convocatoria deste concello para cubrir en propiedade, por oposición libre, a seguinte praza:

-Persoal funcionario.

-Grupo D.

-Denominación do posto: auxiliar administrativo.

-Número de vacantes: unha.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Ares, 14 de setembro de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde