Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: secretaría. Nº de expediente: 425-2-PIEL/2000.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: captación e alimentación de auga núcleo dos Muíños. División por lotes e número: non. Lugar de execución: Os Muíños. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.089.951 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, 1-A Lama, C.P.: 36830. Teléfonos: 986 76 82 38-986 76 80 36. Fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económico-financeira e técnica por calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 da LCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo terceiro día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, nº 1-A Lama.

Data: día hábil seguinte, agás sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Hora: 12 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Os sinalados na cláusula 2ª do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 6 de novembro de 2000.

Luis Miguel Fuente Martín

Alcalde acctal.