Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobados os correspondentes pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, anúnciase concurso público para a adxudicación dos traballos de Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vilanova de Arousa e execución da correspondente cartografía cun orzamento de licitación de 28.414.200 pesetas.

As proposicións poderanse presentar durante o pazo de dezaseis días naturais seguinte ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP de Pontevedra.

Os devanditos pregos poderanse solicitar nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas celebrarase na casa do concello, o segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións. O modelo de proposición

figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilanova de Arousa, 3 de novembro de 2000.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde