Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 275/2000, do 26 de outubro, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Ortigueira, Gondomar e Vigo.

O patrimonio das extintas cámaras agrarias locais integrouse definitivamente no patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido na disposición adicional 7ª.1 da Lei 11/1995, do 28 de decembro (DOG nº 249, do 30 de decembro), quedando adscrito á Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes para a súa aplicación a fins e servicios de interese xeral agrario do ámbito territorial de cada antiga cámara.

Segundo a disposición adicional 2ª da Lei 23/1986, do 24 de decembro, de bases de réxime xurídico das cámaras agrarias (BOE nº 312, do 30 de decembro) de acordo coa redacción dada no artigo 1 da Lei 23/1991, do 15 de outubro (BOE nº 249, do 17 de outubro), a Comunidade Autónoma pode realiza-las atribucións patrimoniais e a adscrición dos medios das cámaras agrarias extinguidas.

Neste caso, ó abeiro do artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autó

noma de Galicia, que sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se for o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título, e da disposición adicional 7ª.3 da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, pola que o Consello da Xunta de Galicia poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, e á vista dos informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 8 de agosto de 1997, 26 de outubro de 1998 e 29 de agosto de 2000, foi tramitado pola Consellería de Economía

e Facenda o expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a seguir:

1. Edificio nº 9 situado na avenida Francisco de Santiago da vila de Ortigueira (A Coruña), composto de dúas plantas; o baixo ocupa unha superficie de 256,34 m, e o sobrado 172,8 m. Pola parte posterior ten un terreo unido de 110 m que se serve directamente desde a rúa, por medio dun corredor que ten 48,72 m. Estrema o conxunto: fronte, coa citada avenida; traseira, con serventía de a pé de servicio privado e terreo máis baixo de Guillermo e María Caula Rubido e outra e José Docanto Corral; dereita entrando, con garaxe e horta de José Pumar Pita; e esquerda, casa e terreo de Hortensia Bouza Paz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 112, predio nº 13.605, inscrición 3ª.

2. Edificio nº 6 situado na avenida Francisco de Santiago da vila de Ortigueira (A Coruña), composto de planta baixa e sobrado, que mide 95,2 m. Estrema: fronte, coa citada avenida; dereita entrando, con casa dos herdeiros de Andrés Peña Fernández; esquerda, almacén da extinta Irmandade, hoxe Inmaculada Espiñeira Soto; e fondo ou traseira, terreo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 113, predio nº 13.606, inscrición 3ª.

3. Terreo inculto na parte posterior do edificio e antigo almacén da Cámara Agraria Local de Ortigueira, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia, e

de Antonio Río García, situado na avenida de Francisco de Santiago, s/n, de Ortigueira (A Coruña), que ten unha superficie de 90 m, e estrema: casas e patios dos herdeiros de Peña Fernández; esquerda, José Canoura Dorado e Antonio Río García; fondo, Cesáreo Cobelo López; e fronte, Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 115, predio nº 13.608, inscrición 3ª.

4. Edificio que consta de soto, planta baixa e sobrado, que ocupa 154,66 m do seu soar que ten unha superficie total de 323 m, situado no lugar que lle chaman A Tata ou Campo da Feira, hoxe rúa Elduayen, nº 12, da vila e municipio de Gondomar (Pontevedra). Estrema: norte e oeste, resto do predio principal do que se segregou de Manuel Alonso Gonda, en liña respectivamente de dezanove e dezasete metros; sur, avenida de Elduayen ou estrada de Gondomar á Ramallosa, cunha lonxitude de dezanove metros; e leste, río Vilaza, en liña de dezasete metros.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de nº 2 de Vigo no tomo 1.755, libro 94, folio 205, predio nº 6.824, inscrición 6ª.

5. Casa de dúas plantas con terreo que o circunda cunha extensión de 63 m, situada no barrio de Tarrío, parroquia de Coruxo, municipio de Vigo (Pontevedra), que linda: norte, con canteira; sur, camiño; leste estrada de Vigo a Baiona; e oeste, casa e terreo de Basilio Prado Comesaña.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo no tomo 1.377, libro 490, folio 129, predio nº 7.630, inscrición 4ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vinteseis de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda