Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.562

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se nomean os vocais do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras.

O artigo 44 da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comu

nidade Autónoma de Galicia, crea o Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras como órgano de participación e consulta.

Por outra banda, o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establece a composición, organización e réxime de funcionamento do devandito órgano.

De acordo co previsto no artigo 76 do regulamento, o Consello estará composto por un número de quince membros en representación da Xunta de Galicia, das corporacións locais, das entidades públicas e privadas e das asociacións e colexios profesionais con interese na materia.

Así mesmo, o artigo 77 da mesma norma regula a composición do Consello, sinalando en primeiro lugar que o seu presidente será o conselleiro competente en materia de servicios sociais. Como vicepresidente actuará o director xeral competente en materia de servicios sociais, actuando como vocais da Administración autónoma os directores xerais competentes en materia de urbanismo e en materia de cooperación coas corporacións locais.

Por outra banda, o mesmo artigo 77 establece que o conselleiro competente en materia de servicios sociais nomeará, logo da proposta dos respectivos órganos ou entidades, os vocais que actuarán en representación das consellerías da Xunta de Galicia, das administracións locais, das asociacións de persoas con limitacións e mobilidade reducida e dos colexios profesionais relacionados co urbanismo, a edificación, o transporte e a comunicación.

Finalmente, o artigo 84.3º do Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, esixe que o nomeamento dos vocais se publique no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, dando cumprimento ó disposto na normativa citada en uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

RESOLVO:

Artigo 1º

Nomear vocais titulares e vocais suplentes do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras as seguintes persoas:

1. En representación das consellerías da Xunta de Galicia:

Titular: Heriberto García Porto, director técnico de Construccións (Instituto Galego da Vivenda e Solo, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda).

Suplente: Paz Llorente Taboada, xefa Oficina Técnica (Instituto Galego da Vivenda e Solo, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda).

Titular: Jesús Álvarez Flórez, xefe de Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

Suplente: Domiro Sousa Bao, xefe do Servicio de Proxectos e Construccións (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

2. En representación das administracións locais:

Titular: Francisco Quintela Requijo, alcalde de Coirós.

Suplente: José Mosquera Maceiras, alcalde de Aranga.

Titular: José Jesús Ramos Ledo, alcalde de Taboada.

Suplente. Javier Varela Pérez, alcalde de Antas de Ulla.

Titular: Antonio Varela Saavedra, alcalde de Cambre.

Suplente: Andrés Rafael López Arcay, concelleiro de Facenda de Cambre.

3. En representación das asociacións de persoas con limitacións e mobilidade reducida:

Titular: Ángel Queiruga Vila (Confederación Galega de Minusválidos).

Suplente: Carmen Isabel Leboran Uldrís (Confederación Galega de Minusválidos).

Titular: Enrique Mª Santos Chas (Federación de Asociacións de Xordos do País Galego).

Suplente: Miguel Ángel Carregado Silva (Federación de Asociacións de Xordos do País Galego).

Titular: Agustín García Calabuch (Organización Nacional de Cegos Españois).

Suplente: Arturo Parrado Puente (Organización Nacional de Cegos Españois).

4. En representación dos colexios profesionais:

Titular: Arturo Conde Aldemira (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Suplente: Myriam Goluboff Scheps (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Titular: Víctor M. Pérez López de Gamarra (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Suplente: Carlos Henrique Fernández Coto (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

5. Experto en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras:

Titular: Antonio Fuentetaja Cervelo (Federación de Asociacións a Favor das Persoas con Atraso Mental de Galicia).

Suplente: Julio César Cortiñas López (Federación de Asociacións a Favor das Persoas con Atraso Mental de Galicia).

Artigo 2º

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interporse recurso

contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais