Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de outubro de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relaciona unha proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Mª Teresa Fernández Vázquez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02) pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Coruña, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de outubro de 2000.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Mª Teresa Fernández Vázquez.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados acta A02-15/1999/00045-0615.

DNI: 35.277.242, Río Francoli 5-1º-P1 Badalona.