Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-13-ESUR.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: adaptación e revisión das normas provinciais de planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

c) Boletín ou DOG e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial das Comunidades Europeas do 27 de maio, Boletín Oficial del Estado do 26 de maio, Diario Oficial de Galicia do 9 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta millóns (40.000.000) de pesetas (240.404,842 euros).

5. Adxudicación

a) Data: 10 de outubro de 2000.

b) Contratista: Mª Asunción Leboreiro Amaro.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: trinta e oito millóns (38.000.000) de pesetas (228.384,600 euros).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda