Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Corroliño, no concello de Rodeiro (provincia de Pontevedra), por parte de José Ramón González López.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que José Ramón González López, con domicilio en r/ Ponte, 4, Lalín, presentou nesta delegación provincial, o día 19 de xuño de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Corroliño, de 18 de cuadrículas mineiras para recursos de sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2869 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 57' 00''42º 41' 20''

LonxitudeLatitude

Vértice 27º 55' 40''42º 41' 20''

Vértice 37º 55' 40''42º 40' 00''

Vértice 47º 57' 20''42º 40' 00''

Vértice 57º 57' 20''42º 40' 40''

Vértice 67º 57' 00''42º 40' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 3 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra