Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación para a contratación da dotación das aulas-taller de vernizado e acabado, secado e tratamento da madeira e tapicería, para o Centro de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: dotación das aulas-taller de vernizado e acabado, secado e tratamento da madeira e tapicería, para o Centro de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela.

c) Lotes: 3.

Lote 1: vernizado e acabado.

Lote 2: secado e tratamento da madeira.

Lote 3: tapicería

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 64, do 31 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 29.400.000 pesetas, 176.697,56 euros.

Lote 1: 11.500.000 pesetas (vernizado e acabado), 69.116,39 euros.

Lote 2: 14.500.000 pesetas (secado e tratamento da madeira), 87.146,76 euros.

Lote 3: 3.400.000 pesetas (tapicería), 20.434,41 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 23-5-2000.

b) Contratista: lote 1: Equipos Ecológicos, S.L.

Lote 2: deserto.

Lote 3: Serafín Susavila Muñiz.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 14.207.250 pesetas, 85.387,29 euros.

Lote 1: 11.300.000 pesetas, 67.914,37 euros.

Lote 3: 2.907.250 pesetas, 17.472,92 euros.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude