Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1253/2000).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria do día 6 de outubro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por quince votos a favor, cinco votos en contra e seis abstencións, aprobar definitivamente, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei de Galicia 1/1997, o estudio de detalle das zonas 7.1 e 7.2 do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense, redactado de oficio pola Oficina de Rehabilitación do Núcleo Histórico».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 18 de outubro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente