Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000 referente á convocatoria para prover unha praza de garda da policía local.

No BOP de Pontevedra nº 195 do 10 de outubro de 2000, publícase integramente a convocatoria para a provisión en propiedade, a través de oposición libre, dunha praza de garda de policía local, vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello, coas seguintes características:

Denominación: garda da policía local.

Escala de Administración especial.

Subescala de servicios especiais.

Grupo D.

Nivel 12.

Dotada coas retribucións básicas e complementarias de acordo coa lexislación vixente.

O prazo de presentación é de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Ponteareas, 13 de outubro de 2000.

María Nava Castro Domínguez

Alcaldesa