Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Uniprovigo, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Uniprovigo, S.L., con nº de código 3603342, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 13-9-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Uniprovigo, S.L.

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se susbcribe está integrada por parte empresarial, polos

representantes legais da empresa Uniprovigo, S.L., e, por parte dos traballadores, pola central sindical Comisións Obreiras (CC.OO.).

Artigo 2º.-Ámbito personal, funcional e territorial.

O presente convenio rexerá para a empresa Uniprovigo, S.L. e a totalidade dos traballadores que, na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servicios nela, regulando as relacións entre ámbalas partes, sendo de aplicación en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de setembro de 2000, con independencia da data de publicación no BOP, terminando a súa vixencia o 31 de decembro de 2002.

Artigo 4º.-Denuncia e revisión.

Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes, incrementándose as retribucións anualmente segundo o IPC mailo 0,25%.

Calquera das partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a súa denuncia á outra parte e á autoridade laboral competente, con dous meses de antelación, como mínimo, á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas. Caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais, que aumentarán de acordo coa subida do IPC, mailo 0,25%.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A duración máxima da xornada de traballo ordinaria será de corenta horas de traballo efectivo á semana.

Se se establece xornada intensiva por acordo individual ou colectivo, o afectado ou afectados non poderán supera-las 35 horas semanais durante o período no que a teñan implantada.

Artigo 6º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, que se desfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e o delegado de persoal, ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores.

A data do comezo do desfrute farase coincidir cun luns laborable.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, unha no mes de xuño, outra no mes de decembro, en contía equivalente ó 100 por 100 do salario base segundo convenio. A mensualidade que corresponde a cada paga extra aboa

rase integramente, tanto se o persoal está de baixa por incapacidade temporal, como se non.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias en proporción ó tempo traballado.

Artigo 8º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de dous meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados, caso no que a duración máxima será de quince días laborables.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á sua categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fora do cadro, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producira o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador da empresa.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

1. Ós traballadores interesados concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuídos:

a) Quince días naturais, en caso de matrimonio do traballador.

b) Cinco días, en caso de nacemento de fillos.

c) Cinco días, en caso de intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns.

d) Cinco días, en caso de falecemento de cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns, que se ampliarán ata oito días se o óbito ocorrera en municipio distinto ó do posto de traballo.

e) Dous días en caso de morte de avós, tíos e cuñados.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo indispensable para iso. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: aplicarase o lexislado nesta materia.

2. En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos puntos anteriores, asimilarase á condición de muller/home ou cónxuxe a condición de parella estable con convivencia continuada, e suficientemente xustificada, dando lugar ós mesmos dereitos.

Artigo 10º.-Incapacidade temporal.

En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, o persoal afectado por este convenio cobra

rá nesta situación o 100% do salario que lle corresponde no momento de producirse a baixa.

Artigo 11º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización da empresa, deba efectuar saídas fóra do municipio no que estea establecido o centro de traballo para o que foi contratado, quedan establecidas da seguinte maneira:

-Axudas de custos completa: fíxase na contía de 5.400 pesetas, para tódalas categorías.

-Media axuda de custos: fíxase na contía de 2.150 pesetas, igualmente para tódalas categorías.

-Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboaranse 30 pesetas por quilómetro.

Artigo 12º.-Seguro de accidentes.

A empresa afectada por este convenio subscribirá póliza de seguro colectivo en favor dos seus traballadores. Este seguro cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

-Morte ou invalidez total: 1.650.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 2.200.000 pesetas.

Artigo 13º.-Revisións médicas.

A empresa estará obrigada a solicitar do gabinete técnico provincial do Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, ou á mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o personal.

O tempo empregado para o mencionado recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 14º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En este punto aplicarase o establecido na normativa vixente nesta materia, procurando en todo momento cumplir escrupulosamente tódalas normas.

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

1. Os grupos profesionais e as definicións das categorías que se recollen na táboa salarial do presente convenio, segundo as funcións ou actividades do persoal dentro da empresa, serán os seguintes:

Titulados: é o persoal que se atopa en posesión dun título ou diploma oficial de grao superior ou medio, que está unido á empresa por un vínculo de relación laboral concertado en razón do título que posúe, para exercer funcións específicas para as que este o habilita, e sempre que preste os seus servicios na empresa con carácter exclusivo ou preferente por un soldo a tanto alzado, sen suxeición á escala habitual de honorarios da súa profesión.

Xefe administrativo: é o empregado capacitado que actúa ás ordes inmediatas dun xefe superior, se o houber, e leva a responsabilidade directa dun ou máis servicios. Están incluídas tamén aquelas persoas que organizan ou elaboran a contabilidade da empresa.

Auxiliar administrativo: é o empregado, maior de dezaoito anos, que se dedica a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo da oficina ou despacho.

Analista informática: verifica análises orgánicas de aplicacións complexas para obte-la solución mecanizada delas en canto se refire a:

-Cadeas de operacións que se deben seguir.

-Deseño de documentación base.

-Documentos que hai que obter.

-Deseño destes.

-Ficheiros que hai que tratar: a súa definición.

-Posta a punto das aplicacións.

-Creación de xogos de ensaio.

-Enumeración de anomalías que poidan producirse e definición do seu tratamento.

-Colaboración ó programa das probas lóxica de cada programa.

-Finalización dos expedientes técnicos de aplicacións complexas.

Programador informática: é o traballador que debe ter un coñecemento profundo das técnicas e recursos que manexa, enfocado principalmente as linguaxes de programación existentes no ordenador que utiliza, así como das facilidades e axuda que lle preste ó software para a posta a punto de programas, correspondéndolle estudia-los procesos complexos definidos polos analistas, confeccionando organigramas máis detallados de tratamento. Correspóndelle redactar programas na linguaxe de programación que lle sexa indicada. Así mesmo confecciona xogos de ensaio, pon a punto os programas e completa os seus expedientes técnicos.

Gravador de datos: son os traballadores que realizan o perfecto manexo das máquinas e ordenadores, coñecendo suficientemente a técnica de programación das ditas máquinas, formatos, tipos de validación, etc., e debendo consulta-las táboas, listaxes ou documentos necesarios para desenvolve-lo seu traballo.

Oficial de 1º; Oficial de 2ª: inclúe o persoal, como mecánicos, carpinteiros, electricistas, soldadores, etc., que realizan os traballos propios dun oficio das categorías sinaladas.

Especialista: é o persoal que realiza operacións seguindo un método de traballo preciso, con alto grao de supervisión.

Vendedor: traballadores que se dedican á comercialización de productos.

Conserxe: é o empregado que, cun mínimo de tres persoas ás suas ordes, ten ó seu cargo a vixilancia e responsabilidade dos servicios subalternos. Ten como misión específica vixia-las portas e accesos ós locais da empresa

Telefonista: é o empregado que realiza a recepción de chamadas cunha centralita telefónica.

Ordenanza: terá esta categoría o subalterno que ten como misión facer recados, recoller e entregar correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polos seus xefes.

Vixilante: ten ó seu cargo o servicio de vixilancia diurna ou nocturna dos locais.

Xardineiro: ten ó seu cargo o servicio de xardinería das plantas e xardíns da empresa.

Persoal de limpeza: a sua ocupación consiste na limpeza dos locais da empresa.

Mozo-peón: realizará tarefas que se executan segundo instruccións específicas claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiran esforzo físico e/ou atención, que non precisen formación específica, e para as que, ocasionalmente, sexa necesario un período de adaptación.

Artigo 16º.-Faltas e sancións.

1. As faltas cometidas polos traballadores ó servicio da empresa parte neste convenio, clasificaranse atendendo á sua importancia, reincidencia e intencionalidade, en leves, graves e moi graves, de conformidade co establecido no presente artigo e o disposto nas normas vixentes do ordenamento xurídico laboral.

A) Considéranse faltas leves:

-Tres faltas de puntualidade durante un mes, sen que exista causa xustificada.

-A non comunicación, coa debida antelación, da non asistencia ó traballo por causa xustificada, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.

-Falta de atención e dilixencia cos clientes.

-Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

-Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

-A embriaguez ocasional.

B) Son faltas graves:

-Faltar tres días ó traballo sen xustificación.

-A simulación de enfermidade ou accidente.

-Simula-la presencia doutro traballador valéndose da súa ficha, sinatura, tarxeta ou outro medio de control.

-As cometidas contra a disciplina no traballo, ou contra o respecto debido ós seus superiores.

-A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro do mesmo trimestre, cando mediasen sancións.

-O abandono do traballo sen causa xustificada.

-A neglixencia no traballo, cando cause prexuício grave.

C) Son faltas moi graves:

-Faltar ó traballo máis de cinco días ó mes sen causa xustificada. Non se considerará inxustificada a falta ó traballo que derive da detención do traballador, mentres non se trate de sanción firme imposta pola autoridade competente, e sempre que o feito da detención fora posto en coñecemento da dirección da empresa antes de transcorridos catro días hábiles de ausencia ó traballo. En todo caso, a empresa non estará obrigada a aboa-los salarios correspondentes ós días de ausencia ó traballo por causa de detención.

-A fraude, a deslealdade e abuso de confianza nas xestións encomendadas.

-O furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa, ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Queda incluído neste suposto falsear datos ante a representación legal dos traballadores, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

-A simulación comprobada de enfermidade; inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en máquinas, aparatos, instalacións, edificios, útiles e departamentos da empresa; ter sido condenado o traballador, en virtude de sentencia dictada polos tribunais de xustiza competentes, polos delictos de roubo, furto, estafa e malversación, cometidos fóra da empresa, motivadores de desconfianza cara ó seu autor; a continua e habitual falta de aseo e limpeza persoal, que orixine queixas xustificadas dos compañeiros; a embriaguez durante o traballo; dedicarse a traballos da mesma actividade que supoñan competencia á empresa, se non media autorización desta; os malos tratos de palabra ou obra, ou falta grave de respecto e consideración ós superiores, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun mesmo trimestre, sempre que foran obxecto de sanción; e demais establecidas no artigo 54.2º

do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. As sancións que a empresa poderá aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

A) Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo dun día.

B) Faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a dez días.

C) Faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de once días a dous meses.

-Despedimento.

A prescrición destas faltas será de dous meses, a partir da data da súa comisión, ou, de se-lo caso, desde que a empresa tivo coñecemento da súa comisión.

Artigo 17º.-Retribucións.

1. Os salarios e remuneracións de toda clase establecidos no presente convenio teñen o carácter de mínimos, podendo ser mellorados por concesión da empresa ou por medio do contrato individual de traballo.

2. O incremento salarial para o ano 2002 calcularase aplicándolles ás taboas salariais do ano anterior o IPC correspondente a ese último ano, incrementado en 0,25 puntos, con efectos do 1 de xaneiro do ano respectivo.

Artículo 18º.-Pagamento mensual.

Como norma xeral, o pagamento de salarios efectuarase mensualmente.

Artículo 19º.-Traballo nocturno.

1. Considerarase traballo nocturno o realizado entre as dez da noite (22 horas) e as seis da mañá (6 horas).

2. Cando o traballo se realice parcialmente en período nocturno e diúrno, aboaranse co complemento salarial de nocturnidade soamente as horas traballadas en período nocturno.

3. Queda exceptuado do aboamento deste complemento o suposto no que se considerase no cálculo da retribución pactada a circunstancia de prestación de traballo en horas nocturnas.

Artigo 20º.-Formación.

A empresa colaborará coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolver esta labor.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua teránselles en conta para efectos de promoción interna e de acceso a categorías superiores.

Artigo 21º.-Dereitos de reunión e libre sindicación.

1. A empresa, ó amparo das normas establecidas pola lexislación vixente en cada momento, facilitaralles ós seus traballadores o exercicio do dereito de reunión nos seus locais, se as súas condicións o permiten, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

2. A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á sua afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador, ou prexu-

dicalo de calquera outro xeito, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Artigo 22º.-Dereitos e obrigas dos sindicatos de traballadores.

1. Nesta materia as partes sométense expresamente ás normas contidas na Lei orgánica de libertade sindical.

2. A requirimento dos traballadores afiliados ós sindicatos, a empresa descontará na nómina mensual deste o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a contía da cota, así como o número da conta corrente á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical da empresa.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta comisión estará formada, por acordo das partes, polas representacións económica e social que deliberaron e asinaron o presente convenio.

Disposición adicional

En todas aquelas materias non reguladas no presente convenio aplicarase o ó disposto no texto refundido do Estatuto dos traballadores, e o previsto nas disposicións de carácter xeral que sexan de aplicación.

Os pactos contidos no presente convenio serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legais de carácter xeral reguladora da materia.

Taboa salarial para o ano 2000.

CategoríaSalario baseRemuneración anual

*Titulado de grao superior143.0582.002.812

*Titulado de grao medio124.5841.744.176

*Analista informática124.5841.744.176

*Programador informática124.5841.744.176

*Xefe administrativo124.5841.744.176

*Administrativo109.9981.539.972

*Auxiliar administrativo99.6731.395.422

*Gravador datos99.6731.395.422

*Oficial de 1ª99.6731.395.422

*Oficial de 2ª93.5781.310.092

*Especialista92.2591.291.626

*Vendedor92.2591.291.626

*Conserxe92.2591.291.626

CategoríaSalario baseRemuneración anual

*Telefonista92.2591.291.626

*Ordenanza90.3761.265.264

*Vixilante90.3761.265.264

*Xardineiro90.3761.265.264

*Limpador90.3761.265.264

*Peón-mozo90.3761.265.264