Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 8 de novembro de 2000, aprobouse a adxudicación, mediante concurso, para a execución das obras de reparación da calzada e mellora do contorno no barrio da Caraballa, polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto de reparación da calzada e mellora do contorno no barrio da Garaballa.
b) Prazo de execución: mes e medio. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: o importe total do contrato é de 13.118.243 pesetas; non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.
5. Garantías.
Provisional: 262.365 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo; Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo; oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 9 de novembro de 2000.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente-alcalde delegado de Área