Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

EDICTO: anuncio para a contratación da redacción do PXOM e cartografía.

Mediante acordo do Pleno Municipal de data 26 de outubro de 2000, acordouse aproba-los pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación por concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, de consultoría e asistencia, para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía 1/2000 núcleos do Concello de Toén (Ourense), documentos que se expoñen ó público na secretaría do concello durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación deste edicto no BOP e DOG.

Ó mesmo tempo acórdase abri-lo procedemento de licitación de acordo co establecido nos referidos pregos:

1. Entidade contratante.

Concello de Toén (Ourense). A dependencia que tramita o expediente é a secretaría.

2. Obxecto do contrato.

A redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía 1/2000 núcleos, coa documentación e contido que se definen nos pregos de condicións técnicas e na Lei 1/1997, do solo de Galicia, do 24 de marzo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 13.400.000 pesetas (80.535 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 268.000 pesetas (1.610 euros).

b) Definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Toén (Ourense), Ribadela, nº 1, 32930 Toén. Teléfono: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

7. Prazo de presentación de proposicións.

Os 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste edicto no BOP e no DOG, en horas de oficina (se coincidise en sábado ou festivo prorrogaríase ata o primeiro día hábil seguinte).

8. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

9. Documentación que se presentará.

As proposicións para participar neste concurso presentaranse en tres sobres, de conformidade coas regras establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.

10. Apertura de proposicións.

Ás 12 horas do 1º día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación das proposicións (excepto sábados, suposto no que se trasladará o acto ó día hábil inmediato seguinte á mesma hora).

11. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario.

Toén, 30 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado