O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte obra:
Obxecto: rede de sumidoiros en Catadoiro, San Miguel e Deiro de Abaixo, Tremoedo.
Orzamento: 10.835.066 pesetas (IVE incluído).
Fianzas: provisional, 2% do tipo. Definitiva, 4% do orzamento de adxudicación.
Prazo de execución: 6 meses.
Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó último dos anuncios que se publiquen no BOP ou DOG.
Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, de 9 a 13 horas.
Vilanova de Arousa, 15 de novembro de 2000.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde