Expediente 00/10995 do Servicio de Patrimonio e Contratación.
Obxecto: adquisición dun total de 10.000 entradas a un precio máximo de 1.000 pesetas=6.01 euros por entrada destinadas a invitacións a nenos e mozos da provincia da Coruña, para a súa asistencia a dúas representacións circenses que se van celebrar durante o mes de decembro de 2000 nas localidades de Ferrol e Santiago de Compostela (5.000 entradas en cada cidade).
Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.
Prazo de execución: decembro de 2000.
Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.
Orzamento: 10.000.000 de pesetas=60.101,21 euros.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: non se esixe.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.
Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 17 de novembro de 2000.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña